02/05/12

Sermos Galiza

Este é o título dun novo xornal dixital na nosa lingua. A aparición dunha nova cabeceira informativa en galego sempre é un motivo de ledicia; fronte á escaseza de medios impresos, está moi ben que haxa unha oferta variada na rede. A pregunta é canto van durar estas experiencias, porque nun espazo moi breve de tempo apareceron tres xornais distintos cuxos potenciais lectores nos parecen, en principio, sempre os mesmos. Non sería mellor aunar esforzos e recursos e  crear un único diario máis forte? Aí queda a nosa dúbida, pero tamén a  nosa esperanza de que os tres se manteñan no tempo.

Por iso, longa vida e a nosa noraboa aos responsables. Estaremos atentos ás vosas novas.

Sem comentários:

Enviar um comentário