17/05/12

Día das letras 2012

Un ano máis chegou o Día das letras. Volvemos ás manifestacións a prol do idioma, facemos actividades, asistimos a actos de celebración en tódolos lugares do país e algúns xornais mesmo escriben a súa portada en galego. É unha mágoa que nalgúns casos a celebración teña un sabor a ritual litúrxico que non deixa ningún pouso e que se repetirá tódolos 17 de maio de xeito mimético e sen outro obxectivo có de ser "politicamente correctos". Queremos galego todo o ano, que aqueles que o desexen poidan vivir con naturalidade no idioma propio.
Con todo, "algo é algo", é bo que polo menos haxa un día en que colectivamente se enxalza un persoeiro galego e a nosa lingua, aínda que isto non abonde en absoluto. Así que, bo día a todos. Deixamos un vídeo para a reflexión:


1 comentário:

  1. E eu preguntome: porque google homenaxea a festividades coma San Jordi etc. pero non se acorda nunca do día das letras galegas? Por pedilo non é pois crEaronse plataformas para firmar a favor desta homenaxe as letras galegas pero parece ser que google rexeitou.Aceptación do GALEGO xa!!!
    Cristian González Rodríguez 2ºB ESO

    ResponderEliminar