11/04/12

En liña o dicionario electrónico da RAG




Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega pódese consultar en liña e, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras.
Ademais, unha aplicación permítenos enviar a Twitter a procura realizada, contribuíndo, deste xeito, á socialización do galego no seo das redes sociais.
Unha nova ferramenta que contribúe á normalización e normativizacion da nosa lingua. Clicade na imaxe e iredes directamente.

Sem comentários:

Enviar um comentário