Propoñémosvos unha actividade viaxeira-cultural na Coruña: unha visita á Fundación Luís Seoane.
Coincidindo coa homenaxe da que será obxecto o escritor e economista 
Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987) o Día das Letras
 Galegas do presente ano, a Fundación Luis Seoane dedícalle á súa obra e
 á súa traxectoria vital unha exposición comisariada por Xosé Díaz Arias
 de Castro coa que pretende ofrecer unha visión ampla dun personaxe 
polifacético: poeta, ensaísta, activista político, empresario...
Baixo o título "Valentín Paz-Andrade. Galiza como tarefa", estará aberta ata o 6 de maio de 2012, así que aínda tedes moito tempo para visitala.
Sem comentários:
Enviar um comentário