10/11/11

SAN MARTIÑO

E un ano máis, xa estamos no San Martiño, tempo de castañas. Este ano seica non hai moitas , pero se as tedes e non ides facer magosto ou comelas cocidas, podedes usalas para facer esta saborosa torta. Deixámosvos a receita:
TORTA DE CASTAÑAS:
- Ingredientes :
  • 1 K de castañas
  • 1 copa de ron (ou leite, se non podemos ou non queremos alcohol)
  • 250 gramos de margarina
  • 250 gramos de azucre
  • 1/2 cunca de leite
  • galletas
  • para o glaseado de chocolate: 125 gr. de chocolate e 1 vaso de leite.
  • xarope: 1/4 de auga, 1/4 de azucre e 1cognac (ou leite, xa sabedes o que dixemos antes).
- Elaboración:
  • Facemos o puré de castañas: cocémolas, estonámolas, botámoslle margarina, leite (ou ron), azucre e pasamos todo pola  batedora.
  • Forramos un molde untado con margarina coas gallegtas molladas no xarope, despois do puré e logo cubrimos con outra capa de galletas.
  • Metemos a torta na neveira ata o día seguinte, en que a cubriremos cunha capa de chocolate glaseado.
Animádevos a ver se vos gusta, que está moi boa.
Teresa Gil (profesora de Infantil)








Sem comentários:

Enviar um comentário