24/04/11

O galego e a empresa













O día 14 de abril, o noso alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a grande sorte de poder recibir o empresario José Ramom Pichel, enxeñeiro informático da empresa compostelá ImaxinSoftware. Desde a súa experiencia como empresario, José Ramom Pichel transmitiulle aos nosos futuros traballadores a gran vantaxe que temos ao saber galego. A nosa lingua non é unha lingua periférica, antes polo contrario é unha lingua coa que nos podemos comunicar con moitos países do mundo, incluíndo a gran potencia emerxente que é o Brasil. De feito, moitas empresas galegas -máis das que pensamos- están apostando polo galego como lingua de comunicación, ao ver que se incrementa a súa rendibilidade. Contounos que, na súa empresa de informática, desenvolveron un corrector de galego para OpenOffice partindo dun brasileiro, feito que lles axudou a diminuír custos considerablemente. O galego é, polo tanto, unha lingua con futuro laboral. Tan só temos que ser quen de saber velo e tirar proveito.

Rapaces de Lousame, comentade o que vos pareceu. De seguro que vos contaron algo que non sabiades e que vos sorprendeu, que foi?

Sem comentários:

Enviar um comentário