03/11/10

REGUEIFAS

Os rapaces de 3º ESO puxémonos a regueifar. Ao comezo custounos, mais os vídeos de Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira valéronnos de inspiración. Unhas mellores e outras peores deron como resultado o que a seguir tedes. Esperamos os vosos comentarios.



Eu vivo por aquí
e hai moitos ghrelos
non sei que facer
así que córtate os pelos.

A min non me gusta
e non vou corta-los pelos
vai pasear un pouco
e vai buscar algúns ghrelos.

Non voi ir a ningures
porque vou ir onda os porcos
e vaias a onde vaias
na aldea non hai poucos.

Pois se non hai poucos
tes moito que facer
non tes máis que ir xunta
eles e darlles de comer.

Non se pode aghora
porque non é tempo diso
vas durmir á túa casa
ou se non vas para o piso.

Non vou durmir ó piso
que estou ben na miña casa
cando non teño que facer
voume para a miña terrasa.

Pois eu marcho a traballar
déixame traquilo no prado
que vou a andar, senón
no tractor co meu arado.

Eu xa che deixo tranquilo
que tes moito que facer
cando acabes no prado
irásteme para comer.

Lucía e Miguél (3º B)


Íache eu pola horta
alí en Redondela
e xireime un momento
e vina aparecer a ela!

Non soñes raparigo
que por moito que a queiras
ela non te quere
que es un simple sacha-leiras.

Ai! Cagho no mundo
xa foi fala-lo burricán
que por non saber sachar
anda a pedir pan.

Pedir pan si,
mais só para estudar,
e cos meus graduados,
rapazas coma ela namorar

Namorar ti a quen?
tonto porcallán
que por non te lavares
da aldea che botarán.

Foi falar Don Limpo
que sempre vén lavado
mais será casualidade
que sempre está emporcado.

Pero que dis pailán!
anda e cala a boca!
que de tan lelo que es
anda a colgarche a moca

Burro! Cala a boca!
que aínda as vas levar
e por sorte para ti
xa me é hora de marchar.

Daniel e Rubén (3º B)



E logo onde estarías?
onde estarías onte?
cando estaba eu con Xosé
pescando na ponte.

Pois non todos coma ti
podemos ir pescar
algúns somos decentes
e temos que traballar.

Traballar ti pailán
ti só vageas na casa
eu, ao menos, levo peixe
e así menos fame se pasa.

Ai!! Non me fagas rir
se comen o que levas á casa
comerán cada un como moito
unha triste uva pasa!

E ti es un pailán!
que a uva non se pesca
así que non me amoles
e vai sacar a besta.

Eu xa son traballador
e xa saquei a besta
agora o que vou facer
e irme para a festa.

Óscar e Martín (3º B)

Fun ao monte buscar castañas
ía eu camiñando cara ó castiñeiro
sen querer tropecei cunha pedra
era mellor caer nun palleiro.

O palleiro está na miña leira
e ti alí non podes entrar
así que déixate de lerias
ven comigo que imos traballar.

Nada de traballar
porque ti non me vas pagar
para que eu che axude
castañas me tes que dar.

Eu non che vou dar nada
así que vai por onde viñeches
e se queres castañas
vai por aí meterte leches.

Oscarina e Joelina (3ºB)

A profesora de galego
mándanos regueifar
non sei que imos facer.
se non temos nada que pensar.

Non te preocupes porque
algo imos pensar
se non Fátima non
nos vai aprobar.

Teño a Maroñas ao lado,
e non para de falar
xa estou cansado,
porque xa empeza a cheirar.

É peor, ao outro lado
que está Steven sempre a armala,
e Manel séguelle o rollo
e así si que non ten parada.

Cando veñen os de 3º B
temos que escapar,
se non métennos no corpo.
as ganas de aprobar.

Ti non te preocupes porque
sempre veñen en son de paz
o caso é que veñen e
nunca falta ningún rapaz.

Brais, David e Iago (3º A)


Isto é un aburrimento
quérome larghar
paso de perder o tempo
ponte ti a rimar.

Perder o tempo perderemos
pero isto haino que facer
en algho hai que matar o tempo
antes de ir a comer.

Ai si, váiche boa
se pensas que vou comer
despois toca matemáticas
e non quero devolver.

Ai mimadriña matemáticas
a que nos vai caer
cos pelos que leva a profe
nin o encerado imos ver.

Carla e Nuria (3º A)

2 comentários:

  1. Mira que son deslinguadas
    Nuria Miguéns e mais Carla,
    como o saiba Maricarme,
    nin a caridá as salva!

    Ai vai esa, espero resposta!

    ResponderEliminar
  2. Mira que son deslinguadas
    Nuria Miguéns e mais Carla,
    como o saiba Maricarme,
    nin a caridá as salva!

    Ai vai esa, espero resposta!

    ResponderEliminar