22/11/10

REDELIBROS





O 12 de novembro presentouse en Vigo Redelibros.com, a primeira rede social exclusivamente dedicada ao libro posta en marcha en Galicia. Este espazo pretende ofrecer todos os servizos das redes sociais, tanto de facer comunidade como de mantela comunicada e, ao tempo, ofrecer espazo en liña para a venda destinado ás librerías pequenas.

O proxecto leva en marcha un par de meses e está na fase de sumar as librerías. O espazo ten case un millón de títulos catalogados, de maneira que os membros da rede poden facer comentarios, recomendalos uns a outros, poden incorporar novos títulos ao fondo ou pedir opinións sobre eles.

Ademais dos espazos propios das redes sociais, mensaxes, taboleiros, blogs, incluídos os xogos, esta web ofrece a posibilidade de que as librerías teñan o seu propio espazo en liña para vender libros. Haberá tamén un espazo destinado ás editoriais que queiran ter presenza directa, de maneira que os usuarios desta rede poidan acceder ás páxinas das editoras.

Para botarlle un ollo, clica na imaxe de arriba.

Sem comentários:

Enviar um comentário