03/10/10

E unha de cine... Retornos!!

Pero non se trata da volta á escola, senón da última longametraxe de Luís Avilés, fillo do poeta noiés Avilés de Taramancos e pai dun compañeiro do noso colexio.
Retornos, un dos últimos títulos da factoría coruñesa Vaca Films (Cela 211, Cargo), conta a historia dun pai que regresa, logo de dez anos en Suíza, a unha vila que agocha escuros segredos. Rodada case integramente en Galicia, en galego e en castelán, cun equipo técnico e artístico tamén galego, proxectarase fóra de Galicia en version orixinal con subtítulos.
Logo de ser presentada na Semana Internacional de Cine de Valladolid e nos festivais de cine de Montreal e de San Sebastián, a película chegárá as carteleiras este mes de outubro.

Non é para pequenos, pero os maiores verémola, non? Para que vos animedes, o trailer:

Sem comentários:

Enviar um comentário