Ola a todos e todas! Iniciamos este novo curso con algúns problemiñas, pero como nunca choveu que non escampara, xa estamos aquí de novo e con tantas ganas como sempre.
Para comezar, queremos recomendarvos uns libros, que agardamos que leades e logo nos comentedes. Imos alá!!!
Para comezar, queremos recomendarvos uns libros, que agardamos que leades e logo nos comentedes. Imos alá!!!
Este título, Un baño de gargalladas, publicouse no verán e conta a historia dunha nécora á que non lle gusta nada lavarse; seus pais atoparán a maneira de facerlle ver a importancia da auga e o xabrón. Para os máis cativos do cole.E seguimos no mar, agora con sereas. Rivadulla Corcón, o actor e poeta muxián, publica Amar a unha serea. Conta a historia de Varucho, un neno de 8 anos que se namora de Almudena e para que sexa a súa moza lle regala unha cola de serea e... Conseguirá namorala? Hai que lelo!!

Marcos Calveiro gañou outro premio máis con esta colorista novela na que conta a amizade que establece un adolescente co pintor Van Gogh na cidade francesa de Auvers. Para os do segundo ciclo ESO.
E tamén para eles é Menú de enganos, un libro de relatos que Núñez Singala presenta como un menú moi apetecible. Hai algúns para rir, outros para reflexionar...


Agardamos os vosos comentarios. Ánimo e bo curso a todos!!
Ola son María.Eu lín Amar unha serea e gustoume moito porque é de amor.Animádevos a lelo!!!
ResponderEliminar