09/06/10

O galego, é de ciencia.


A asociación Enciga, que agrupa máis de 650 profesores de ciencias, vén de publicar un manifesto contra os plans lingüísticos da Consellaría de Educación. Reuniuse esta semana en asemblea para tomar unha postura común fronte ao Decreto do plurilingüismo. O colectivo, que agrupa a máis de 650 docentes, acordou facer público un manifesto no que mostran a súa crítica aberta a un decreto que consideran negativo para a lingua do país: "En vez de promover o uso do galego como sería razoable nunha comunidade cunha lingua propia, promóvense leis que o desprotexen, involucrando nesta tarefa ao profesorado das áreas de Ciencias. Isto é malo para o país, para os centros, para a docencia das ciencias, para o profesorado implicado nestas áreas e, por suposto, malo para o alumnado e para toda a sociedade galega."
Se queredes ler o texto íntegro do manifesto pinchade aquí.

Sem comentários:

Enviar um comentário