01/06/10

En galego tamén se fai ciencia

"O galego para as letras, o castelán para as ciencias". Erradicar preconceitos e complexos de inferioridade coma este é o eixo central da campaña “En galego tamén se fai ciencia”. Na iniciativa, coordinada polo Servizo de Normalización da UdC, participan as tres universidades do país.A iniciativa está nucleada arredor dunha páxina web na que podemos ouvir as experiencias dos nosos científicos, que reivindican (e exercen) un uso normal do galego no seu día a día.
Deixámosvos un deles:

Xavier Alcalá from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

1 comentário:

  1. Anónimo1/6/10 18:29

    Non estou de acordo con Alcalá nunha cousa: si que é galego, máis galego ca moitos galegos. Porque, quen é galego? Érao o negro Panchito de Castelao? Penso que si.

    ResponderEliminar