12/05/10

A Xunta celebra o Día das Letras coa tradución de Novoneyra ao castelán


En rolda de prensa, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, manifestou o compromiso da Xunta "coa o lingua e a difusión da obra" de Novoneyra, "dono dunha capacidade literaria e dunha concepción do seu labor, entregado a construír literatura, cultura, sensibilidade estética e identidade de país".Para conmemorar o Día das Letras, a Consellaría de Cultura distribuirá unha edición bilingüe, en galego e castelán, da obra mestra de Uxío Novoneyra, 'Os Eidos', traducida por Elva Rei, viúva do poeta. O obxectivo, é "difundir no exterior un dos grandes renovadores da lírica galega do século XX".Ademais, a Xunta encargou a elaboración en formato cómic dunha historia sobre a vida de Novoneyra, ao cargo do debuxante ourensán David Rubín e do guionista Kike Benlloch. Tras o título 'Uxío Novoneyra, a voz herdada', o obxectivo é achegar "a todos os públicos" a figura do poeta "desde unha perspectiva universal e sinxela".

Sem comentários:

Enviar um comentário