04/05/10

Un ano máis fomos ao Correlingua

Onte acudimos ao Correlingua, a festa anual da lingua. Fomos con ese ánimo, co de celebrar, xunto cos demais centros da comarca, que somos galegos e que temos unha lingua propia á que queremos e coa que desexamos vivir. E fomos porque quixemos, sabiamos a onde iamos, e preparámonos para ir. De feito, os nosos disfraces e as nosas pancartas, xunto coa festa que fixemos durante a carreira, obtiveron o seu premio: o da animación!

Estas son algunhas das fotos que fixemos, pero na rede e nos xornais impresos tedes máis. Mirade e comentade.


7 comentários:

  1. Anónimo4/5/10 18:58

    Os meus PARABÉNS!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo5/5/10 15:36

    porfin gañamos o premio.este ano curramolo eh.
    hurra por nos!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Este ano x fin ganamos, e pasamolo moi bn.estamos moi cntentos

    ResponderEliminar
  4. Este ano x fin ganamos ,e pasamolo moi bn.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo5/5/10 15:40

    Por fin ganamos xa o premio do correlingua galega.O noso centro o merecia e nos tamen........."guayyyyyyyyyyyyyy" moi ben por noss

    ResponderEliminar
  6. O que máis me gustou non foi que gañarades o premio, (aínda que o mereciades, claro!), senón que vivísedes o Correlingua como o que é, unha festa a favor da lingua onde imos a pasalo ben e a expoñer o traballo de todo o ano. O entusiasmo co que todos recortastes os corazóns, as ganas que lle puxestes á elaboración das pancartas, as risas que botamos cando practicabades a cancións, iso é o que debemos destacar. Vós soíños loitastes por facer algo a favor da lingua e o resultado foi o amor que deixastes polas rúas de Compostela. Ánimo rapaces, seguide así que para o ano hai outro Correlingua.
    Ah! Se queredes ver máis fotos consultade a galería da páxina do centro.
    Por certo, e xa para rematar, creo que debemos darlle tamén os nosos parabéns á persoa que adica horas e horas a coordinar este equipo, á persoa que deixa a pel no seu traballo e sen esperar nada a cambio: Felicidades Concha.

    ResponderEliminar
  7. Lorena 3ºA17/5/10 19:34

    Hola a todos!Compre dicir que este ano ARRASAMOS no Correlingua pasámolo xenial(eu polo menos),vivimolo con moita ilusión con dicir que ata fixemos mazaduras nas mans de tanto tocar a pandeireta...cantamos ata mais non poder(algún ata quedou afónico).En resumidas contas, foi unha mañá moi divertida,e agora a pensar no do ano que ven,que oxalá volvamos gañar.Por certo,Fátima,encantoume o teu comentario.

    ResponderEliminar