18/05/10

Presentación do CD 'Sons-nús-O reino do caladado'


O Consello da Cultura Galega acolle este mediodía a presentación do CD 'Sons-nús-O reino do calado' adicado a Uxío Novoneyra. Maite Dono, á voz, e Baldo Martínez, ao contrabaixo, asinan este traballo.

Na presentación, que terá lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega, haberá dúas actuación musicais nas que intervirán Baldo Martínez, Maite Dono, Uxía Senlle, Branca Novoneyra e Miguel Anxo Fernán Vello.Sons-nús-O reino do calado súmase as numerosas homenaxes que estes días se están facendo a Uxío Novoneyra, poeta ao que este ano se adicou o Día das Letras Galegas.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário