07/05/10

Galiza viaxa ao Ficomic con 'Un Camiño de viñetas'


Dende o día 6 e até o domingo, 9 de maio, autores e editoriais da banda deseñada de Galiza participarán en Ficomic con distintos actos. Hoxe está prevista a inauguración da mostra Un Camiño de Viñetas, que conta con ilustracións de Carlos Arrojo, Diego Blanco/Kike Benloch, Cosme, Manel Cráneo, Xosé Domingo, Xacobo Fernández Serrano, Alberte Guitián, Jano/Rodrigo Costa, Miguel Robledo, Braís Rodríguez, Martín Romero, David Rubín, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberte Vázquez. Emma Ríos tamén participa como autora do cartel ilustrativo desta mostra.

Sem comentários:

Enviar um comentário