20/04/10

Seoane, Maruxa Mallo e Lugrís


'Santiago punto de encontro' reúne arte sacro con pezas de Seoane, Maruxa Mallo e Lugrís.
O próximo 29 de abril a Fundación Caixa Galicia e Xacobeo 2010 inaugurarán en Santiago de Compostela a exposición 'Santiago, punto de encontro', que reunirá pezas do Museo da Catedral xunto con obras de Seoane, Maruxa Mallo, Lugrís, Dalí e Picasso.
Nesta mostra reuniranse obras da colección da Fundación Caixa Galicia destes autores xuntoa coas pezas “máis destacadas” dos fondos do Cabido catedralicio compostelán. Segundo a organización trátase dunha “reflexión artística” que abarca dende o século XII até o XXI e pon en relación o arte sacro e o moderno.

A exposición, que permanecerá aberta até novembro, permitirá aos visitantes coñecer por vez primeira fóra da Catedral algunhas das pezas descoñecidas da súa coleccións como o Santiago Sedente do Altar Maior, obra de Xoán Antonio García de Bouzas; ou o San Mateo esculpido polo Mestre Mateo no século XII.

O programa completase cun “amplo programa” de actividades dinamizadoras que comezarán o mesmo día da inauguración, o 29 de abril, coa saída dos tradicionais Coco e Coca, figuras que encabezan as saídas dos cabezudos e das que se ten constancia dende a Idade Media.

1 comentário: