14/04/10

Queremos Galego denuncia en Bruxelas o 'desmantelamento' do galego por parte do PP


Queremos Galego evidenciou na viaxe como as medidas iniciadas pola Xunta “agreden frontalmente” a lexislación vixente en materia de normalización da lingua propia, incluíndo tratados internacionais de obrigado cumprimento para o Estado español como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM) ou comprisos como a Declaración universal dos dereitos lingüísticos, asumida como propia pola UNESCO.A delegación de Queremos Galego desprazada a Bruxelas, integrada por Carlos Callón (presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino) e Bieito Lobeira (portavoz de Lingua do BNG), compareceu esta mañá en conferencia de imprensa na sede do Parlamento europeo na cidade flamenga, acompañada pola representante do BNG na eurocámara Ana Miranda e polos deputados do Grupo Parlamentario Verde-Alianza Libre Europea (ALE) Oriol Junqueras, catalán, e François Alfonsi, de Córsega, que quixeron así manifestar o seu apoio á plataforma cidadá e ás súas reivindicacións.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário