27/04/10

Ophiusa presenta hoxe en Santiago o seu último traballo


O grupo folk Ophiusa protagonizará hoxe ás 20h30 no Salón Teatro de Santiago a quinta e penúltima actuación dos concertos 'ST Música Presente'. O conxunto presentará o seu último disco, 'Sen planeta'.

Nesta nova entrega de Ophiusa o grupo explora a parte máis “eléctrica e ecléctica” do seu propio son no que se conxugan os ritmos da música popular global cos propios de Galiza e cun importante compoñente de contemporaneidade. Desta volta, o sexteto optou por autoproducirse para “traballar sen presións”, experimentando coa música e as posibilidades que ofrecen instrumentos como sintetizadores analóxicos ou secuenciadores.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário