Coincidindo coas celebracións este mes dos días internacionais do libro e da danza, o Centro Coreográfico Galego organiza unha conferencia cun percorrido histórico polas artes do movemento a través da literatura.
A mestra e coreógrafa María Dolores Fojón impartirá hoxe ás 19h30 no Salón Teatro de Santiago a conferencia A lectura e a danza, para unir as celebracións este mes dos días internacionais do libro (23 de abril) e da danza (29 de abril). Fojón fará un percorrido pola historia da danza a través da visión das artes do movemento e da súa evolución ofreceron pensadores e escritores de todos os tempos. A conferencia rematará cun coloquio no que tamén participará a profesora do Centro Coreográfico Galego, Pilar Peña.
Sem comentários:
Enviar um comentário