04/04/10

A edición de libros cae un 14% e a tirada media baixa a 2.467 exemplares


Menos títulos, tiradas máis curtas e moitos menos exemplares no mercado. Esta é a radiografía da edición española segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), cuxo rexistro do 2009 constata como a puxante e ata agora crecente industria editorial acusa o imparable avance do mundo dixital.

En Galicia, o descenso foi un punto superior á media nacional (un 15%) no número de volumes editados na comunidade, que pasaron dos 3.747 do 2008 aos 3.180 do pasado ano. A edición de obras en galego, pola súa banda, baixou un 11,9% (de 2.070 libros a 1.823).
A maior parte dos textos publicados en galego corresponden á categoría de literatura (que pasaron de 733 no 2008 a 630 no 2009), seguidas polas publicacións oficiais, que baixaron de 420 a 350. A terceira categoría corresponde aos libros para nenos pero, neste caso, as cifras aumentaron dos 267 títulos do 2008 aos 272 do pasado ano. Tendencia decreciente A tirada media foi de 2.467 exemplares por título, o que confirma a tendencia decreciente deste indicador nos últimos anos, cunha redución do 16,7% respecto ao 2008. O número de exemplares editados sitúase no 2009 no nivel máis baixo do último decenio, con 183,87 millóns. Só un ano antes a industria editorial española colocaba no mercado 255,5 millóns de libros, un 12,6% máis que no exercicio precedente. Esta cifra, con algún altibajo, non deixara de crecer desde os 218 millóns de exemplares de 2001, marcando un espectacular pico cunha produción de 281 millóns de libros en 2005.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário