
“A música tradicional está presente nas parroquias, nas aldeas, mais non nos medios públicos galegos”. Esta é a queixa de Santiago Caneiro, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos (
AGG), colectivo que suma máis de 30 anos traballando pola música galega e pola súa proxección. “Non se corresponde a presenza que a nosa música ten na sociedade co espazo que lle ofrecen os medios de comunicación”, asegura.A través dun comunicado, os membros da asociación fan pública a súa “preocupación pola diminución da presenza da música tradicional nos medios de comunicación públicos” e lamentan “os esforzos que se están a producir por parte do Goberno para eliminar os programas relacionados coa cultura tradicional das súas canles habituais”.Refírense ao programa Alalá (
TVG), que mudou de horario para ser emitido os xoves ás once da noite; ou tamén ao cambio de emisora do programa Lume na Palleira, que emitía a Radio Galega (
RG) e agora pasa e emitirse por Radio Galega Música (
RGM): así escóitaos menos xente, non vaia ser que lles guste!
Din tamén os xornais de hoxe que o noso presidente non apoia o uso da lingua no Senado invocando a austeridade. Mira que non gastan cartos as institucións en ágapes, festas e outros conceptos parecidos!!
Con esta política de desprotexer a cultura galega- e a lingua en particular- e tódolos nosos signos de identidade que se pretende? Facela desaparecer? Asimilarnos a outras culturas? Ou simplemente é que hai detrás un tremendo complexo de inferioridade dos nosos gobernantes?Nós non o entendemos, así que vos deixamos estas preguntas para que reflexionedes e a ver que vos parece
2-a,b,d,e.3-anxo,lua,uxio.5-a,c,l.
ResponderEliminar