17/03/10

Variedades dialectais

Corren malos tempos para a nosa lingua. Din as autoridades políticas (en contra do que opinan os sociolingüistas, as verdadeiras autoridades na materia) que seica ultimamente se estaba impoñendo o galego. Para solucionar este "grave problema" que en realidade non existía, vaise aprobar un Decreto de plurilingüismo que busca "recuperar" a equiparación das dúas linguas oficiais partindo dunha falacia, pois o galego e o castelán non están en igualdade de condicións.
Pero nós somos bravos, non se esperaba menos da xente da "silva", e non nos imos anicar: seguiremos usando a nosa lingua con orgullo.
Precisamente para potenciar o uso oral do noso galego, o de aquí, o dos nosos pais e avós, pero tamén o dos neofalantes ou calquera outra variedade dialectal , ocorréusenos gravar un sketch que vos animamos a que vexades.
Que vos guste!!






3 comentários:

  1. Bueno a verdade es que son bonitos.jajaja actuais moi ben todas xuntas pero deberian de estar na clase.Listasssssss

    ResponderEliminar
  2. Que conversación de ves de estar na clase,moi ben.

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que vos quedou moi ben, e é certo, ó final todo é galego, meus pais insisten en que fale BEN, SEN gheada e SEN seseo, deberia ensinarlles este video...

    ResponderEliminar