02/03/10

O orgullo lingüístico percorre a rede


A campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización triunfa grazas ás redes sociais.
A campaña “Orgull@s do noso, orgulls@s do galego” da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística está a ser un éxito. Unha semana despois de que se publicase na rede, o vídeo protagonizado polos actores Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas canda o produtor Antón Reixa, a xornalista Belén Regueira e a gaiteira Susana Seivane xa tivo máis de 20.500 reproducións en youtube e outras cinco mil, directas e indirectas, na canle Vimeo. Outro dos vídeos, “En galego, proba e verás”, no que participan Isabel Risco e Carlos Ares, foi reproducido tres mil veces.As redes sociais tamén están espallando dunha maneira notábel a campaña. Diferentes grupos en Tuenti teñen a máis de 15 mil mozos e mozas adheridos. Mentres que o grupo “Nós tamén estamos orgullos do galego” en Facebook conta xa con máis de 2.100 amigos.Dende a coordinadora lembran que a campaña, que seguirá activa durante todo o curso escolar, intenta transmitir un sentimento de orgullo polo idioma propio tanto á comunidade escolar como ao conxunto da sociedade.
Opinade e visitade os vídeos, unídevos a este orgullo.

Sem comentários:

Enviar um comentário