08/03/10

Aniversario da Galipedia


Sete anos de coñecemento libre en galego.
Máis de 56 mil artigos na nosa lingua fan da nosa wikipedia a número 41 do mundo, dun total de 271 versións en diferentes linguas.
A Galipedia, versión da Wikipedia na nosa lingua, fai sete anos este 8 de marzo. O proxecto botou a andar nesa data de 2003. Dende entón, xa son máis de 56.200 os artigos que a integran, facendo da enciclopedia libre en galego a número 41 do total de 271 versións que existen.Aínda que se descoñece a identidade real da primeira persoa que creou a primeira entrada da Galipedia, considérase que o seu "pai" é o usuario Agremon, Antonio Gregorio Montes, un profesor de Física de Ribadeo que fixo a súa primeira achega o 22 de xullo daquel 2003. Actualmente, o proxecto ten 12 administradores e máis de 300 usuarios activos.O obxectivo da Galipedia é contar cunha enciclopedia colaborativa en galego coa que afondar no coñecemento. Por iso, está aberta á colaboración de todo o mundo, ás diferentes correntes de pensamento que non sexan agresivas coas demais, a calquera tema, en continuo crecemento e renovación, en contacto coas demais wikipedias para seguir mellorando e aberta ao uso por calquera persoa con acceso á internet, nas condicións da licenza GFDL.

Sem comentários:

Enviar um comentário