01/03/10

Alumnos do Bierzo queren mellorar o seu galego

Preto de cen alumnos do Bierzo que estudan galego participarán nun programa de estadía en Galiza para completar a súa aprendizaxe, organizado pola Secretaría de Política Lingüística. A través desta iniciativa, que terá lugar no mes de abil, este departamento trata de dar un novo impulso á promoción do galego nos territorios limítrofes con Castela e León onde se fala o idioma, segundo informou onte a Xunta. Na actualidade, preto de 1 100 persoas aprenden galego, delas, 1 031 son estudantes de centros de primaria e secundaria mentres que as 65 restantes estudan galego na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.
A colaboración entre a Xunta e a Junta de Castilla y León xa vén do ano 2 001, aínda que o pasado mes de xaneiro os presidentes das dúas comunidades incluíron o galego nun protocolo de colaboración máis amplo.
Que vos parece, dámoslles xa a benvida?

Sem comentários:

Enviar um comentário