18/02/10

'Os aplausos demostran que non todo o mundo está crispado cos idiomas'


O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, afirmou que os aplausos ao actor Luís Tosar na gala dos Premios Goya, tras intervir en galego, demostra que 'non todo o mundo en Madrid está tolo nin crispado contra os idiomas'.

As reaccións ao discurso pronunciado en galego polo actor Luís Tosar, premiado co Goya a Mellor Actor por Cela 211, continúan. O presidente da RAG sostivo que “contra toda especie de mentira que se está a fraguar tamén existen xentes civilizadas” en alusión ao debate suscitado en Galiza sobre o uso do galego en parte do discurso de agradecemento do actor de Cospeito.
Méndez Ferrín subliñou que o feito de que “se expresase con naturalidade e que iso fora recibido con aplausos polos asistentes demostra que non todo o mundo en Madrid está tolo nin crispado contra os idiomas ou contra os chamados nacionalista excluíntes”.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário