Co gallo do Día de Rosalía, hoxe, 24 de febreiro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), organiza unha lectura pública simultánea en varias cidades do país. No acto lerase un manifesto conmemorativo do nacemento da escritora galega.
Para recordar a poeta de Padrón a AELG organiza hoxe unha lectura simultánea da obra da autora ás 18h00. O acto contará coa lectura dun manifesto conmemorativo do nacemento da escritora galega.
Na Coruña será nos Xardíns de Méndez Núñez, no Monumento a Curros Enríquez. En Ferrol, á mesma hora, na Praza do Himno Galego.
En Lugo, na Rúa Nóreas, a carón da casa que fai esquina con Rúa San Pedro, onde viviu Rosalía de Castro entre 1864 e 1868. En Pontevedra a lectura será onde a estatua de Castelao.
En Santiago, o acto, programado ás 17h30, terá lugar onde a estatua de Rosalía do Paseo da Ferradura. En Vigo, ás 19h00 será no número 12 da Rúa Real, onde a tipografía de Juan Compañel.

Que pensades deste acto?
Sem comentários:
Enviar um comentário