02/11/09

Achegas do alumnado

A LITERATURA POPULAR E O MAGOSTO.

CANTIGAS

A castaña no ourizo
quixo rir e rabeou,
caeu do castaño abaixo,
mira que tombo levou.

Santo que estás no canizo,
bota castañas abaixo,
que si non teño mandil,
collereinas no refaixo.


Alta me vexo
naquel lugarexo,
por unha risada,
perdín a miña anada.





Señora María,
señor Manuel,
castañas asadas
e viño con mel.


¡Castañas quentes,
veñan a comprar
nenos e nenas,
papás e mamás!

A castaña no ourizo
quixo rir e rebentou,
caendo cara abaixo,
mira que golpe levou.

Acabáronse as castañas,
secáronse os castiñeiros.
acabáronse as rapazas,
quedan os mozos solteiros.

REFRÁNS

Unha castaña cruda a roer, mil piollos a nacer.

Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño mosto.

Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.


FRASES FEITAS

Sacarlle a alguén as castañas do lume.
Estalarlle unha castaña nos dentes a alguén.
Isto é caldo de castañas!
Has levar un castañazo!

Sem comentários:

Enviar um comentário