15/10/09

XA coñecedes o universo de Galimatías?



A editorial El Patito, dentro campaña de dinamización lingüística BOCABERTA, edita e distribúe a revista xuvenil de historieta Galimatías, cunha periodicidade quincenal a través de El Correo Gallego, como suplemento gratuíto.
O número un entregouse o 3 de abril e haberá 20 entregas. Ao mesmo tempo creouse unha web como espazo complementario da revista, no que as series e todo o universo de Galimatías estará reflectido e ampliado. Esta páxina actualízase a semana que a revista non sae á rúa. Na web hai espazos para ler as entrevistas cos autores da serie, para a aprendizaxe de técnicas para debuxar cómic, un encontro dixital cos debuxantes, o concurso de “Remata ti a historia...” . Tamén ten música que se poderá descargar.


Animádevos a entrar! Seguro que vos gusta.






.

Sem comentários:

Enviar um comentário