20/10/09

O Concello da Coruña organiza unha festa de creación cultural

O ano pasado celebrouse na Coruña o Cultur.gal, festival organizado dende a Consellería de Cultura, polo que pasaron 40.000 persoas nos seus 4 días de duración da feira. Este ano, ante a decisión do Executivo de non organizar este evento, a Concellería de Cultura da Coruña decidiu organizar pola súa conta unha festa ou feira de creación cultural, tal e como anuncia a web da citada concellería.
O evento, aínda que non ten nome, xa ten datas. Será o 28 e 29 de novembro e a intención da Concellería de Cultura é que o evento “sexa unha festa onde a cidadanía se sinta parte da mesma”, por iso, abriu unha liña a través da súa web para que sexan os coruñeses os que propoñan o nome para esta festa.
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário