23/10/09

¿Míster Potato? ¡Non, o Capitán Fervellasverzas!


Unha artista viguesa crea uns heroes autóctonos con vida propia en Internet.
Voa como Superman, ten unha pócima máxica como Obélix e un arma infalible como case todos os superheroes. Aínda así, o Capitán Fervellasverzas é especial. Quizais sexa pola queimada que lle descubriu as súas superpoderes ou polos allos que lle axudan a escorrentar aos inimigos. Este heroe autóctono, a pesar do seu parecido físico con Míster Potato, non ten nada de inocente. Xunto á súa amada, A Muller Marexadillas, dedícase en corpo e alma a evitar que o seu principal inimigo, o construtor Manolo Fontaneiro, consiga crear unha copia das Vegas na ría de Vigo.
Toda esta historia e os seus personaxes son a última ocorrencia da artista viguesa Isabel Alonso. Logo de anos dedicada case en exclusiva á escultura e á pintura, no verán comezou con esta aventura humorística. «Todo empezou a través de Facebook. Empeceime a dedicar a 'tunear' os perfís dos meus amigos porque non me gustaba a silueta que saía por defecto», recorda Isabel. Así naceu o Capitán Fervelleasverzas, que foi o primeiro personaxe que supliu á triste silueta branca e que pronto se fixo co seu propio espazo entre os seus amigos e na Red . O proxecto foi crecendo e ademais de novos personaxes tamén lle creou unha historia. Agora, as súas aventuras e desventuras pódense seguir a través da súa blog e na propia rede social, onde ten máis de sesenta seguidores. Tanto interesa a súa vida e obra que a súa creadora tivo que realizarlle unha exposición biográfica nunha cafetería de Ourense e publicar na rede a súa árbore genealógico.

Sem comentários:

Enviar um comentário