15/10/09

Máis de 100 persoas en 'Lendo polo galego'


Máis de 100 persoas participaron este mércores nunha lectura ininterrompida de textos co obxectivo de reivindicar o uso da lingua galega. O acto, organizado pola plataforma “Queremos Galego”, acolleu a participación de persoas de diferentes ámbitos que contribuíron coas súas lecturas de cinco minutos á promoción do uso do idioma.A coordinadora de “Queremos Galego” en Vigo, Elsa Quintas, subliñou o éxito da convocatoria, xa que mesmo se achegaron á Praza da Princesa persoas que, sen estar anotadas, quixeron sumarse a 'Lendo polo galego'.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário