15/10/09

Homenaxe a Ramiro Fonte no cabodano do seu pasamento


Cando se celebra estes días un ano do pasamento do poeta os seus amigos, Edicións Xerais e Edicións Tambre celebran o vindeiro sábado, 17 de outubro, un acto de homenaxe no Museo do Mar de Galiza en Vigo.

O acto, no que se recordará a figura do autor galego, servirá para presentar a edición especial de Ramiro Fonte. O libro dos amigos e dos libros de poemas Reversos e Xardín do pasatempo.
O acto terá lugar no Museo do Mar de Vigo ás 12h00.
Que pensades?

Sem comentários:

Publicar um comentário