12/10/09

Galego, Patrimonio da Humanidade convoca un acto de reflexión arredor da lingua

A plataforma cívica Galego, Patrimonio da Humanidade, que xa recibiu máis de cinco mil apoios dende o mes de xuño, vai desenvolver un acto de reflexión en defensa da lingua o 14 de novembro. Será ao mediodía, no Teatro Principal de Santiago, e estará aberto ao público. Galego, Patrimonio da Humanidade aspira a crear un espazo de debate para a "recuperación do consenso" e contará coa presenza de representantes políticos, sindicais, do ensino, da literatura ou da medicina. Así o anunciou no acto de presentación, que tivo lugar na compostelá Galería Sargadelos
Opinade

Sem comentários:

Enviar um comentário