13/10/09

AXUDA Á NORMALIZACIÓN DO GALEGO: BEBE GALICOLA!



Coca-cola, Pepsi, Mecca-Cola, Quibla-Cola... Si Galicia ten a súa propia cervexa e está considerada unha das mellores en toda España... Por que non crear unha imitación da cola feita en Galicia? Pois si señores e señoras, esa alternativa galega ó refresco máis famoso do mundo xa chegou: a Galicola xa é un feito. Consiste nunha bebida similar á Coca-cola, sen cafeina, e posto a disposición dos consumidores nunha botella de 33cl. totalmente de plástico. O número de cantidades producidas, polo de agora, é reducido posto que non se sabe con que forza asaltará o mercado galego e incluso o español. Pero 5.000 unidades xa foron fabricadas e esperan a ser postas en circulación. Pero o realmente importante non é o produto, senón a vontade con que este foi feito: ademais de que Galicia contaría cunha marca propia dunha bebida dese calibre, os fondos recadados investiríanse no traballo a favor da normalización do galego. Cada entidade expoñería o seu proxecto e o que saíse elixido por votación popular sería o encargado de promover a nosa lingua axudándose das ganancias da Galicola. Esta idea xa se levou a cabo en varios países, non só para obter beneficios para o propio lugar, senon tamén como protesta do capitalismo americano, do cal a marca de Coca-cola é un claro exemplo. Nalgúns casos a bebida fracasou, pero tamén os houbo onde se popularizou. En canto á nosa Galicola... Cal será o seu futuro?

Sem comentários:

Enviar um comentário