02/09/09

A World Fishing tamén se ‘pesca’ en galego

Entre tanto debate lingüístico, haberá quen se pregunte se co galego se pode montar a maior mostra mundial do sector pesqueiro. Pero Alfonso Paz Andrade, o impulsor da World Fishing Exhibition, fillo do histórico galeguista Valentín Paz Andrade, xa leva traídas a Vigo, coa deste ano que comeza o 16 se setembro, seis edicións desta mostra bianual que xira polo mundo, e sempre falando en galego.
En cada edición Paz Andrade organiza algún acto paralelo, algún aceno ao mundo social ou cultural galego, actos que o propio impulsor recoñecía que non se fan noutras sedes maiores como Londres. Así, se na mostra de 2003 encargou un mural a Isaac Díaz Pardo, nesta ocasión, ademais de facer unha fonte-escultura conmemorativa da exposición en granito do Porriño, avanzada xa por Xornal de Galicia, lanzará unha “guía turística sentimental” de Vigo para os milleiros de profesionais da pesca de todo o mundo que se achegarán á cidade.
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário