24/09/09

“Temos que avanzar máis no uso do galego dentro da Policía”

Lede o que resposta García Mañá nunha entrevista no Xornal de Galicia, e opinade!
Como anda ultimamente o uso do galego na Policía?
Aí temos que avanzar. Hai dous espazos distintos: o da relación persoal e o das aplicacións informáticas en materia de denuncias a nivel do Estado. No segundo, a única opción polo momento é o castelán. Pero estamos avanzando: fomos a primeira comunidade de España que implantou o bilingüismo no DNI. Tamén hai informes da Policía científica completamente en galego. As ordes miñas son que se respecte o galego ata onde se pode porque o manda o Estatuto, pero o que non podemos é cambiar unilateralmente unha aplicación do Estado. Queda un camiño.
Queredes ler máis?

Sem comentários:

Enviar um comentário