07/09/09

Premio Celanova Casa dos Poetas para a RAG

O Padroado da Fundación Curros Enríquez resolveu a entidade gañadora da XXV edición deste premio, e tamén acordou aprobar un orzamento anual de 57.000 euros.
Amais de declarar a Real Academia Galega gañadora do XXV Premio Celanova, Casa dos Poetas, nesta xuntanza tomaron posesión dos seus cargos como patróns da Fundación Curros Enríquez o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, e aprobouse o orzamento de 57.000 euros, que achegarán o Concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, as Consellarías de Cultura e Educación e Caixanova.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário