24/09/09

A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá un recital na Catedral de León

A Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Víctor Pablo Pérez, ofrecerá un recital na Catedral de León o vindeiro venres 2 de outubro, dentro da programación da XXVI edición do Festival Internacional de Órgano da capital que acolle a cidade.
No recital, no que serán interpretados temas de Félix Mendelssohn, participará como solista o violinista Nemanja Radulovic, un dos instrumentistas máis relevantes da escena sinfónica europea, informaron nun comunicado fontes de Caixa Galicia, patrocinadora do evento.

Sem comentários:

Publicar um comentário