17/09/09

Nace 'Galicia 21', a primeira revista dixital de estudos galegos

Este verán veu á luz Galicia 21: Revista de Estudos Galegos Contemporáneos, a primeira publicación académica en liña sobre estudos galegos. Impulsada desde Gales por Craig Patterson, da Universidade de Cardiff, e Helena Miguélez-Carballeira, da Universidade de Bangor, pretende “converterse nun punto de encontro e de referencia para o crecente número de investigadoras e investigadores que conforman a comunidade académica internacional dos estudos galegos contemporáneos”. Galicia 21 edítase en formato bilingüe, cos textos en galego e en inglés. A Universidade de Cardiff e o Centro de Estudos Galegos en Gales da Universidade de Bangor financian a publicación. Desde o seu lanzamento no verán, está a recibir consultas de académicos de todo o mundo, especialmente dos Estados Unidos, o Brasil e o Reino Unido, ademais de Galiza.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário