18/09/09

Domingo Villar participa no Prime Time Crim Time de Bremen


Domingo Villar manterá un encontro cos lectores e haberá unha lectura da súa primeira novela, Ojos de agua, o 19 de setembro no Concordia Theater de Bremen.O escritor galego emigrado a Madrid, que exerceu como guionista de cine e televisión, é crítico gastronómico e colaborador habitual de numerosas publicacións escritas. Coa súa novela Ollos de auga acadou o I Premio Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento e foi finalista en dúas categorías dos Crime Thiller Awards no Reino Unido.Até o de agora, Ollos de auga foi traducida a seis idiomas. A súa segunda novela, A praia dos afogados, sairá á venda en Alemaña a próxima primavera.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário