01/08/09

“Lúa do Senegal”, novo libro de Agustín Fernández Paz


Lúa do Senegal o novo libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Marina Seoane. Esta é a primeira novela publicada por Fernández Paz.

Ten moi boa pinta, trata de Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.

Animádesvos a lela?

Sem comentários:

Enviar um comentário