09/06/09

MANIFESTO DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA SOBRE A LINGUA

MANIFESTO DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA
SOBRE A LINGUA
A interpretación dos soños
o galego é meu, o galego é noso, é de todos e todas. O galego é do que o fala, e é tamén
do que aínda non o fala, ou do que xa non o fala... O galego é daquel que o ama e
mesmo daquel que o odia, se é que hai algunha persoa que tal sinta polo seu patrimonio
herdado... Porque, ao final, que é o galego?
O galego é o máis valioso dos nosos tesouros inmateriais, xunto coa música que tamén é
outro tesouro. Realmente é difícil ver o valor de certas cousas até que sentimos a súa
carencia, a súa falta, cando xa é tarde... Hoxe é tal vez tarde para recuperar a lagoa de
Antela, a lagoa que hoxe a ninguén se lle ocorrería desprotexer, mais iso nos anos 50
non se viu. Hoxe é tarde para recuperar o que foi destruído, mais non é tarde para
aprender deses erros e protexer o que nos resta.
A ninguén, no seu san xuízo, se lle ocorrería desprotexer a catedral de Santiago, e sen ir
tan lonxe, a ninguén se lle ocorrería desprotexer a arte e arquítectura da cidade de pedra
compostelá... Mesmo indo contra a suposta liberdade individual dos propietarios e
propietarias dos inmóbeis da zona histórica, todos e todas concordamos en que hai que
protexer o que é patrimonio comúu... E a lingua? Acaso a nosa lingua non merece o
mesmo que as nosas pedras? Ela é patrimonio de todos e todas nós e non só... ela é
tamén patrimonio de todo o estado, e da humanidade enteira... Entón, non merece o
mesmo esforzo de protección?
Se a xente fose así preguntada non hai dúbida de que os resultados serían positivos,
tanto na Galiza como no resto do estado; ninguén, agás algún trastornado, desexaría que
o galego, a lingua de Rosalía, a lingua na que foran escritos os primeiros poemas na
Península, dos primeiros tamén da Europa, morrese. Entón a que ven as preguntas do
noso Goberno ás nais e país de rapaces e raparigas en idade escolar? Alguén imaxina
que preguntasen aos propietarios e propietarias das casas da zona monumental de
Santiago se prefiren restaurar a súa casa, coidala e protexela para as xeracións futuras,
ou derrubala? Protexer o patrimonio é responsabilidade de quen foi escollido para
gobernar. Arriscámonos a que a sociedade galega, que sempre se soubo manter unida
por encima das diferenzas, se fraccione, cun grande custe para a harmonía social dun
pobo tan pacifico como é o pobo galego.
o multilingüismo, mesmo que negativo cando se trata de diglosia e non do manexo da
persoa en máis dunha lingua, pode ser beneficioso para as persoas. Numerosos estudos
mostran como a xente que desde a infancia se manexou en dúas linguas ten máis
facilidades para aprender unha terceira. Iso é algo que o estudantado galego comproba
por exemplo ao estudaren inglés no estranxeiro con outros colegas do estado que son
monolingües. Mais para que a xente aprenda a se manexar en dúas linguas elas teñen
que existir, e tal e como vai a tendencia do uso do galego coa conivencia das políticas
exercidas ao longo da historia, non tardará en se deixar de usar. Cando iso aconteza a
perda vai ser para todos e todas, falemos ou non galego agora. Galego e castelán non
están en igualdade de condicións, o galego non está no cine, a súa presenza é mínima
nas TVs, non está na inmensa maioría dos xornais, nas radios, na xustiza... etc. etc.
Entón que lle queda ao galego para se fortalecer? Porque el ten sido danado ao longo do
tempo. O galego ten case só a escola, se al se desprotexe, o galego vai sufrir aínda máis
retroceso do que xa padece.
Estamos a tempo de tentar evitar danos a unha lingua que sempre foi de paz e de
acollemento. De nada nos vai servir lamentamos despois da nosa perda. E que imaxe vai
ter de si un pobo que deixou apagar, que deixou morrer, o máis valioso do seu
patrímonio inmaterial? Esta pregunta vale non só para o pobo galego, esta pregunta
deberá ser feita tamén ao estado español no seu conxunto, e será tamén preguntada á
unión europea, mesmo que as ínstitucións europeas xa teñan 'ásesorado sobre esa
materia, recomendando a inmersión lingüística. Esa é tamén a pregunta que desde o
Colexio Oficial de Psícoloxía de Galicia nos facemos, e queremos transmitir á
sociedade e ás instítucións. Porque nós como profesíonais sabemos da importancia da
memoria e a ídentidade na vida das persoas e da comunidade. Non atopamos
xustificación algunha en que as institucións gobernamentais se descarguen así da súa
responsabilidade e carguen con ela aos que teñen fillos e filias en idade escolar.
Desde este Colexio Profesional queremos tamén advertir da importancia que a
integración do pasado ten para o benestar presente e futuro das persoas. Un pobo que,
non por vontade, porque se algo demostrou o pobo galego foi aprecio e lealdade á súa
lingua ao longo dos tempos, bos e malos, senón por desleixo dos seus gobernantes,
perde a súa lingua é un pobo condenado a non saber quen é... 'E un pobo, ou unha
persoa, que non sabe quen é, non pode contribuír con nada de orixinal ao destino da
humanidade. Porque a universalidade do saber non vén da maior ou menor extensión
dese coñecemento, senón da profundidade á que somos capaces de chegar co noso
saber.
Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, coñecedores dos sentimentos
aprecio que a xente ten pola lingua, e non só no territorio galego, queremos
chamamento ás institucións responsábeis para tomar as axeitadas medidas
para o tesouro máis valioso da nosa cultura inmaterial. Se iso
consecuencias van ser irreversíbeis para todos e todas nós, como o
pennitise que os propietarios das casas con valor histórico nós non nos podemos permitir iso, pois non...
E como di a poeta e psicóloga Concha Rousia, "Quando marre o último falante de uma
língua marre um sonho da Humanidade". Porque as linguas son todas obras
marabillosas da humanidade, dignas de seren protexidas, e a nasa non pode ser menos.
Polo tanto de nós, dos nasos gobemos, depende pois que ese saña non esmoreza.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2009.

Sem comentários:

Enviar um comentário