Acaba de pasar a Candelaria, o día no que casan os
paxariños, e estamos achegándonos á data do amor, o xa sobradamente coñecido
San Valentín. Para celebralo, queremos pois, dende o EDL, convidar a toda a Secundaria a realizar chíos de amor.
Trátase
dunha actividade na que pretendemos que fagades pequenas mensaxes que non
superen os 140 caracteres e nas que
transmitades sentimentos de amor usando a nosa lingua. As mensaxes poden xirar
ao redor do sentimento do amor, do amor
pola paisaxe galega, do amor pola nosa lingua,
polos nosos familiares, do amor pola humanidade, polo noso noivo ou noiva… En definitiva, tedes liberdade
absoluta para as vosas creacións, sempre e cando o amor estea de fondo nas composicións.
Iso
si, os resultados deberedes publicalos aquí, no Blog
da Silva, no apartado de comentarios.
Non esquezades poñer o voso nome e o curso, así todos e todas saberemos
identificar ao autor/a das esperadas mensaxes.
Ánimo, esperamos os vosos chíos
amorosos.
AMOR: unha palabra, catro letras e tanto que dicir.
ResponderEliminarAndrea de la Iglesia
Andrea Dosil
Lidia Abuín.Todas de 1º ESO A
Mamá grazas por facerme sorrir.
ResponderEliminarIsaac. 1ºESO A
Mamá, grazas por todo o que fas por min e polo amor que me das día a día. Quérote!
ResponderEliminarAlicia 1º ESO A
Grazas Mariam e Alicia pola vosa amizade.
ResponderEliminarGrazas Galicia por ser tan verde e tan bela.
Elena Mayán- 1º ESO A
Mamá grazas por mimarme e coidarme toda a miña vida
ResponderEliminarMariam
Familia, quérovos moito.
ResponderEliminarBrais- 1º ESO A
Amo o amor,amo a cidade,amo o mundo no que soño.
ResponderEliminarsalim-1ºA ESO
Grazas os nosos pais por darnos a vida e querernos.
ResponderEliminarMariña e Alejandro- 1º ESO A
Bisavó Ramón, grazas por quererme e ensinarme moitas cousas.
ResponderEliminarAdrián- 1º ESO A
Grazas mamá e papá por quererme tanto.
ResponderEliminarGrazas Alberto e Carlos por ser tan amables conmigo.Anxo-2ºESO B
Grazas Lore e Santi por regalarme o móbil e aturarme todo o tempo.
ResponderEliminarPaula Vázquez-2ºESOB
Quérote avoa por prepararme o caldo máis rico do mundo e por coidarme.Grazas a meu irmán por quererme,inda que ás veces non che ature.
ResponderEliminarAndrea P.-2ºESO B
Quérote irmá por,entre outras cousas, regalarme a bicicleta!
ResponderEliminarLaura-2ºESO B
Eu amo ao meu irmán e chámase Breogán.
ResponderEliminarGústame o clima de Galicia.
Lorenzo-2ºESO B
Grazas Alicia, por ser Alicia
ResponderEliminarAlicia-2ºESO B
Querémoste Pablo (profe)
ResponderEliminarLorenzo e Alicia-2ºESO B
Quero agradecerlles aos meus pais por ser os mellores do mundo.
ResponderEliminarAndrea Rojo-2ºESOB
É a túa mirada a medicina que cura todos os meus males.
ResponderEliminarUxía Sampayo-2ºESO-B
Quérovos familia,por ensinarme moitas cousas
ResponderEliminarIván Vázquez-2ºESO B
Grazas a miña familia por quererme e coidarme.
ResponderEliminarAlejandro 2ºB ESO
Este S. Valentín ademais de nos amar o galego imos falar!
ResponderEliminarRoi Jorge Vázquez-1º ESO B
Meus curmáns, moitas grazas por todo o que fixestes e por axudarme en todo. Quérovos moito.
ResponderEliminarSheila Camino-1ºESO B
Grazas FAMILIA pola vosa axuda e estar aí sempre. Quérovos moito.
ResponderEliminarIago Carou Moledo-1º ESO B
Ao erguerme pola mañá gústame ver a apisaxe de Galicia.
ResponderEliminarIván Lago- 1º ESO B
O día de S.Roque vou coa miña avoa á procesión e vou comer coa miña familia. Quérovos.
ResponderEliminarAndrea Hermida 1º ESO B
Ao erguerme pola mañá, amo ver as vistas que teño pola ventá.
ResponderEliminarHugo Estruch- 1º ESO B
A túa comida, Laura(comedor) vólvenos toliñas.
ResponderEliminarPaula, Noa, María e Mariña- 1º ESO B
Os meus veráns sen ti serían invernos, non te vaias nunca do meu ladiño, desexo verte. Quérote moito.
ResponderEliminarNoelia e Nagore- 1ºESO B
Polas mañás vexo saír o sol sobre a montaña e lémbrame que o mellor desta vida é verte a ti.
ResponderEliminarHugo Alvar-1ºESO B
Á persoa que me fai rir ata coa máis pequeña parvada.
ResponderEliminarAntía C 2ºESO A
Quero a María, a conserxe, coma se fose una grande amiga da infancia.
ResponderEliminarMarta 2ºESO A
Grazas por tanto en tan pouco, Sila. das túas alumnas preferidas. querémoste. Feliz S.Valentín.
ResponderEliminarSara, Antía M.,Uxía e Paula. 2ºESO A
Quero a miña cadela, Moriña, como me quixo ela a min cando a acollín.
ResponderEliminarMarc Carnota. 2ºESO A
Meu pequeño michiño, canto te quero!Encántanme eses olliños da cor do mar que tes.
ResponderEliminarCarolina. 2ºESO A
A familia e os amigos son o máis importante que teño na vida.Quérovos!!!
ResponderEliminarUxía Fornís. 2º ESO A
Por esquecer cadaquén o seu papel nesta historia, por crer que nada é imposible cando nace herba nun tellado, pensar que seguir queréndonos é o correcto.
ResponderEliminarSARA M. 4ºA ESO
Ti, que enches de verde Galiza igual que o meu corazón de amor.
ResponderEliminarJuan 3°A ESO
Ti es a que fai que o sol brille de amor.
ResponderEliminarJuan 3-A ESO
Simba,meu can, es máis doce có mazapán. Simba, miña vida, levántasme de cada caída.
ResponderEliminarBrais. 2ºESO A
Quero adicarlles estas letras a todos os meus amigos, familiares e a xente que forma parte da miña vida.
ResponderEliminarQUÉROVOS!!!
Mateo Muñiz. 2ºESO A
Es o meu peludiño pequerrechiño e divírtome moito cando xogo contigo. Es o mellor can do mundo.
ResponderEliminarDavid F. 2º ESO A
Para este San Valentín: chocolate, unha tarrina de xeado, unha mantiña, poñer unha película ñoña e se pode ser cunha amiga que tamén estea soa neste día tan especial para os namorados.
ResponderEliminarNerea 4°ESO
Fermosos os montes,fermosos os ríos,fermosas as costas,fermosa o galego que na lingua me fai coxegas.
ResponderEliminarNinguén te quere como eu te quero, sempre querendo que te agarime, es perfecto, meu gato perfecto. Zlatan
ResponderEliminar-Raquel Crespo Figueira 3ºB ESO
Unha única palabra neste día especial, pódeche cambiar a vida para goza la aínda máis.♥
ResponderEliminarAlejandro Carnota 3°ESO
Plans para este 14 de febreiro..:
ResponderEliminarComprarei unha pizza, xeado e chamarei ás miñas amigas para gozalo con elas.
Sheila Paz 4ºA ESO
Ti que sempre me fas caso cando o resto me ignoran, axúdasme en todo o que podes e me cumpres todos os meus caprichos. Quérote avoa.
ResponderEliminarO 14 de febreiro pasa o carteiro cheo de cartas de amor para alguns e para outros so facturas da lus
ResponderEliminarIrene 3*A
Míroche e remíroche, achégoome á ventá e non deixo de observar o fermosa que estás.
ResponderEliminarMarta Rodríguez 3ºA
Para este San Valentín, cea romántica e noite coa miña moza; despois despertarme véndoa ao meu lado. Ámoa, quero estar sempre con ela.
ResponderEliminarÓscar-4 ESO
Ningunha néboa,xiada ou onda serán capaces de tapar a nosa terra fermosa
ResponderEliminarNerea 3°A
Familia, temos momentos bos, momentos malos, momentos de esquecemento, momentos de distancia, momentos de tristura, momentos de alegría... pero o amor sempre permanece.
ResponderEliminarXulia Boo Miguéns 3ºA
Ninguén neste mundo me quererá máis que miña nai; por iso o seu amor é o que máis vale neste mundo.
ResponderEliminarSaúl Caldas.
Algo tan sinxelo e tan complexo á vez, algo que non se ve nin se toca: o amor. Sofres, ris, choras, bicas, fas mil e unha cousa por unha persoa que ti pensas que estará eternamente, pero en realidade, cando a eternidade se acaba, daste conta de que esa persoa foi o amor da túa vida, e pasades a ser un amor infinito. O amor e iso, eternidade.
ResponderEliminarVerónica Penedo Sedofeito 4º
Un día coma hoxe recordo os bos momentos ao teu lado,a felicidade que sinto cando estou contigo.
ResponderEliminarIria Agrelo 4°
Para o meu paxaro verdoso.
ResponderEliminarÉs o único que consegue espertarme todas as mañás. Cando estou triste, ti consegues animarme, ti es o meu ceo, un anxo que sempre me protexe.
Promovamos o amor e deixemos a guerra no esquecemento pois neste mundo de ixustizas, o único que nos salva e iso, o AMOR <3
ResponderEliminarA miña familia sempre está aí; cando estou triste sempre me fan sorrir.
ResponderEliminarPablo 3ºB
A nosa terra, a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa gastronomía, a nosa retranca, o noso silencio, o noso mar, a nosa choiva, o noso verde, a nosa morriña; por todo isto, e máis, nos deixamos aloumiñar.
ResponderEliminarTania, 4º A
Din que o amor morreu, que xa nn hai,outros cren que endexamais existiu. Pois menten!O amor haino, houbo e haberao.
ResponderEliminarAvó, por compartir as túas historias en Suíza e esas preciosas cancións. Por tratarme como unha amiga, ademáis de unha neta
ResponderEliminarAi, meu monte galego, as túas árbores son únicas! E agora veñen os eucaliptos dominar os nosos montes, que vergonza! Ai, meu monte galego, estate tranquilo que non o lograrán.
ResponderEliminarAdrián Santiago
A túa presenza ilumina os meus días. Dende que chegaches, convertéchesme nunha mellor persona, enchendo o meu corazón de alegría e amor; Quérote.
ResponderEliminarLeyre Arestiño Lorenzo 3°B
Din que o amor morreu, que xa nn hai,outros cren que endexamais existiu. Pois menten!O amor haino, houbo e haberao.
ResponderEliminarEstou namorado,
ResponderEliminarPero nun futuro non pensó estar casado,
E un amor peculiar,
Que con tempo tende a mellorar
Rubén Lorenzo Rivadulla