31/01/17

FRANCISCO DUBERT E AS VARIEDADES DIALECTAIS





A USC concedeunos unha charla do profesor Franciscoo Dubert sobre as variedades dialectais e, dunha forma moi amena, 3º e 4º da ESO adentrámonos no mundo dos dialectos. Descubrimos como lentamente se van formando as distintas variedades e quedounos clariño a diferenza entre dialectos constitutivos e dialectos consecutivos.
Queremos agradecerlle ao relator a súa boa oratoria que nos cativou a todos e todas e nos mantivo atentos durante un bo anaco.
Grazas, Dubert, polo teu bo facer, mais tamén pola túa sinxeleza.


Sem comentários:

Enviar um comentário