EDL

EDL

16/02/17

ENTROIDO 2017


Un ano máis, o tempo vai pasando e xa chegamos ao entroido. Desta volta, o centro decidiu que o tema común para todos e todas ía ser o seguinte: Os oficios. Por iso, a nosa meca está disfrazada de oficinista. Atendede ben cada día, porque aí, pretiño da súa máquina de escribir, iredes vendo as instrucións sobre os accesorios carnavalescos que teredes que traer cada día da semana, agás o venres. Recordade que este día será o do festival e todos e todas luciredes os vosos disfraces na gran festa que vos temos preparada.

Ah!!! E non esquezades que os complementos son acumulativos, ata o xoves debedes traelos todos e non deixar nadiña na casa.

Para axudar a que as vosas nais e pais se vaian organizando, adiantámosvos as coplas da MECA:

O luns, aínda que de tolos che pareza,
trae un adorno na cabeza.

Non sexades lampantíns,
martes ensinade os calcetíns.

O mércores, para non te manchar,
un mandil has de empregar.

O xoves de comadres con perruca entrades
e así non vos despeiteades.

E POR SUPOSTO:

-          O venres con festa rematamos
e todos moi guapos nos disfrazamos.

BO ENTROIDO PARA TODOS E TODAS.

Sem comentários:

Enviar um comentário