EDL

EDL

18/05/17

LUÍS DAVILA

Aínda que xa están no taboleiro da lingua, non nos vén mal reflexionar canda Davila.









17/05/17

Feliz Día das letras 2017!!

E pasado e o outro e o outro... todos os días do ano.

15/05/17

LETRAS GALEGAS 2017


Un ano máis e o centro ponse a traballar ao redor da figura homenaxeada desta volta: Carlos Casares. Tanto Infantil como Primaria e Secundaria traballaron arreo e xa temos os resultados nas ventás e nos corredores. Mirade as fotos e poderédelo comprobar.

Por unha banda, o alumnado de Educación Infantil achegouse á figura de Carlos Casares co seu libro A Galiña AzulOs nenos e nenas gozaron da lectura e do traballo dalgúns dos relatos, graduados segundo a idade e que máis tarde ilustraron. 

-Os de 4º traballaron coa "Formiga esquiadora".

-Os de 5º co relato "d´A Galiña azul"

-E o alumnado de 6º de Educación Infantil coa "Bomba da felicidade". 

Dado que a aceptación e os resultados foron moi positivos, decidimos expor os debuxos nas ventás do corredor do edificio de Infantil, consideramos que así poñiamos o noso gran de area á conmemoración desta festividade da nosa lingua e da nosa cultura.




































Por outro lado, 3º ESO realizou tamén unha serie de bandas deseñadas coas que, ademais de realizar os vídeos que tedes na entrada anterior, adornamos a entrada do noso corredor.





















E por último, 1º e 2º de Primaria realizou uns fermosos debuxos a base de puntiños vermellos onde o alumnado ten que atopar a galiña azul. A través das súas lupas feitas de celofán, os puntos desaparecen e, por arte de maxia, aparece a galiña azul de Carlos Casares. Un xeito moi lúdico de aprender!!






10/05/17

Arredor de Casares

Estes días han ser moitas as achegas arredor do homenaxeado nas Letras galegas 2017. Os compañeiros e compañeiras de 3º de ESO queren facelo cunha versión en banda deseñada de tres contos do seu libro Vento ferido.

Queremos compartilas con vós.  Deixádenos as vosas opinións.
Agardamos que vos gusten!!






02/05/17

LETRAS GALEGAS 2017


Como xa estamos comezando maio e se aproxima o Día grande das nosas letras, lembrade que na web da Fundación Carlos Casares tedes unha compilación de materiais de todo tipo e destinado a todas as idades, para que poidamos achegarnos ao autor homenaxeado como se merece.

Para acceder a el, clicade na imaxe.

30/03/17

Pop galego

O da banda de mozos composteláns Esposa, que comezou a súa andaina hai dous anos e apostaron por facer música na nosa lingua. Recoñecen influencias de bandas americanas como os Pixies ou do tropicalismo brasileiro e fan as letras a catro mans.
Estes días andan presentando o seu traballo "Xardín interior"; a ver se vos gusta.


05/03/17

Un recoñecemento máis para Rosalía

 E un orgullo para a cultura galega, que voa alto grazas á decisión da aeroliña nórdica Norwegian de estrear un Boeing 737  que levará a imaxe da poetisa polos aeroportos de todo o mundo.
A escolla de Rosalía, "entre unha lista de máis de 30 personaxes de alto perfil", segundo o representante da compañía en Barcelona, debeuse ao desexo de reivindicar o papel da poeta na recuperación da cultura e a lingua galegas e na enmancipación da muller.

Unha mostra máis de que, desde Galicia e en galego, se pode triunfar en calquera lugar do planeta.
Só temos que sacudirnos os complexos!



02/03/17

PACO NOGUEIRAS







Resultado de imaxes para brinca vaiA piques de írmonos de vacacións de Entroido, os nenos e nenas de Educación Infantil do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro gozaron dun concerto do libro-disco "Brinca Vai". En palabras do seu autor, Paco Nogueiras, foi toda unha brincadeira, onde ademais de cantar as xa coñecidas cancións, puideron coñecer algúns dos instrumentos que emprega (ukelele, frauta, acordeón...) este artista e tamén rir coas súas entretidas e divertidas bromas.

Na galería tedes algunhas fotos que demostran o mal que o pasaron os pequechos. Esperamos poder repetir!

Clicade na primeira imaxe e veredes o resto das fotos.

Resultado de imaxes para brinca vai


Resultado de imaxes para brinca vai

16/02/17

ENTROIDO 2017


Un ano máis, o tempo vai pasando e xa chegamos ao entroido. Desta volta, o centro decidiu que o tema común para todos e todas ía ser o seguinte: Os oficios. Por iso, a nosa meca está disfrazada de oficinista. Atendede ben cada día, porque aí, pretiño da súa máquina de escribir, iredes vendo as instrucións sobre os accesorios carnavalescos que teredes que traer cada día da semana, agás o venres. Recordade que este día será o do festival e todos e todas luciredes os vosos disfraces na gran festa que vos temos preparada.

Ah!!! E non esquezades que os complementos son acumulativos, ata o xoves debedes traelos todos e non deixar nadiña na casa.

Para axudar a que as vosas nais e pais se vaian organizando, adiantámosvos as coplas da MECA:

O luns, aínda que de tolos che pareza,
trae un adorno na cabeza.

Non sexades lampantíns,
martes ensinade os calcetíns.

O mércores, para non te manchar,
un mandil has de empregar.

O xoves de comadres con perruca entrades
e así non vos despeiteades.

E POR SUPOSTO:

-          O venres con festa rematamos
e todos moi guapos nos disfrazamos.

BO ENTROIDO PARA TODOS E TODAS.

09/02/17

CHÍOS DE AMOR



    Acaba de pasar a Candelaria, o día no que casan os paxariños, e estamos achegándonos á data do amor, o xa sobradamente coñecido San Valentín. Para celebralo, queremos pois, dende o EDL, convidar a toda a Secundaria a realizar chíos de amor.
     Trátase dunha actividade na que pretendemos que fagades pequenas mensaxes que non superen os 140 caracteres e nas que transmitades sentimentos de amor usando a nosa lingua. As mensaxes poden xirar ao redor do sentimento do amor, do amor pola paisaxe galega, do amor pola nosa lingua, polos nosos familiares, do amor pola humanidade, polo noso noivo ou noiva… En definitiva, tedes liberdade absoluta para as vosas creacións, sempre e cando o amor estea de fondo nas composicións.
   Iso si, os resultados deberedes publicalos aquí, no Blog da Silva, no apartado de comentarios. Non esquezades poñer o voso nome e o curso, así todos e todas saberemos identificar ao autor/a das esperadas mensaxes. 

            Ánimo, esperamos os vosos chíos amorosos.