EDL

EDL

09/02/17

CHÍOS DE AMOR



    Acaba de pasar a Candelaria, o día no que casan os paxariños, e estamos achegándonos á data do amor, o xa sobradamente coñecido San Valentín. Para celebralo, queremos pois, dende o EDL, convidar a toda a Secundaria a realizar chíos de amor.
     Trátase dunha actividade na que pretendemos que fagades pequenas mensaxes que non superen os 140 caracteres e nas que transmitades sentimentos de amor usando a nosa lingua. As mensaxes poden xirar ao redor do sentimento do amor, do amor pola paisaxe galega, do amor pola nosa lingua, polos nosos familiares, do amor pola humanidade, polo noso noivo ou noiva… En definitiva, tedes liberdade absoluta para as vosas creacións, sempre e cando o amor estea de fondo nas composicións.
   Iso si, os resultados deberedes publicalos aquí, no Blog da Silva, no apartado de comentarios. Non esquezades poñer o voso nome e o curso, así todos e todas saberemos identificar ao autor/a das esperadas mensaxes. 

            Ánimo, esperamos os vosos chíos amorosos.

65 comentários:

  1. AMOR: unha palabra, catro letras e tanto que dicir.
    Andrea de la Iglesia
    Andrea Dosil
    Lidia Abuín.Todas de 1º ESO A

    ResponderEliminar
  2. Mamá grazas por facerme sorrir.
    Isaac. 1ºESO A

    ResponderEliminar
  3. Mamá, grazas por todo o que fas por min e polo amor que me das día a día. Quérote!
    Alicia 1º ESO A

    ResponderEliminar
  4. Grazas Mariam e Alicia pola vosa amizade.
    Grazas Galicia por ser tan verde e tan bela.
    Elena Mayán- 1º ESO A

    ResponderEliminar
  5. Mamá grazas por mimarme e coidarme toda a miña vida
    Mariam

    ResponderEliminar
  6. Familia, quérovos moito.
    Brais- 1º ESO A

    ResponderEliminar
  7. Amo o amor,amo a cidade,amo o mundo no que soño.
    salim-1ºA ESO

    ResponderEliminar
  8. Grazas os nosos pais por darnos a vida e querernos.
    Mariña e Alejandro- 1º ESO A

    ResponderEliminar
  9. Bisavó Ramón, grazas por quererme e ensinarme moitas cousas.
    Adrián- 1º ESO A

    ResponderEliminar
  10. Grazas mamá e papá por quererme tanto.
    Grazas Alberto e Carlos por ser tan amables conmigo.Anxo-2ºESO B

    ResponderEliminar
  11. Grazas Lore e Santi por regalarme o móbil e aturarme todo o tempo.
    Paula Vázquez-2ºESOB

    ResponderEliminar
  12. Quérote avoa por prepararme o caldo máis rico do mundo e por coidarme.Grazas a meu irmán por quererme,inda que ás veces non che ature.
    Andrea P.-2ºESO B

    ResponderEliminar
  13. Quérote irmá por,entre outras cousas, regalarme a bicicleta!
    Laura-2ºESO B

    ResponderEliminar
  14. Eu amo ao meu irmán e chámase Breogán.
    Gústame o clima de Galicia.
    Lorenzo-2ºESO B

    ResponderEliminar
  15. Grazas Alicia, por ser Alicia
    Alicia-2ºESO B

    ResponderEliminar
  16. Querémoste Pablo (profe)
    Lorenzo e Alicia-2ºESO B

    ResponderEliminar
  17. Quero agradecerlles aos meus pais por ser os mellores do mundo.
    Andrea Rojo-2ºESOB

    ResponderEliminar
  18. É a túa mirada a medicina que cura todos os meus males.
    Uxía Sampayo-2ºESO-B

    ResponderEliminar
  19. Quérovos familia,por ensinarme moitas cousas
    Iván Vázquez-2ºESO B

    ResponderEliminar
  20. Grazas a miña familia por quererme e coidarme.
    Alejandro 2ºB ESO

    ResponderEliminar
  21. Este S. Valentín ademais de nos amar o galego imos falar!
    Roi Jorge Vázquez-1º ESO B

    ResponderEliminar
  22. Meus curmáns, moitas grazas por todo o que fixestes e por axudarme en todo. Quérovos moito.
    Sheila Camino-1ºESO B

    ResponderEliminar
  23. Grazas FAMILIA pola vosa axuda e estar aí sempre. Quérovos moito.
    Iago Carou Moledo-1º ESO B

    ResponderEliminar
  24. Ao erguerme pola mañá gústame ver a apisaxe de Galicia.
    Iván Lago- 1º ESO B

    ResponderEliminar
  25. O día de S.Roque vou coa miña avoa á procesión e vou comer coa miña familia. Quérovos.
    Andrea Hermida 1º ESO B

    ResponderEliminar
  26. Ao erguerme pola mañá, amo ver as vistas que teño pola ventá.
    Hugo Estruch- 1º ESO B

    ResponderEliminar
  27. A túa comida, Laura(comedor) vólvenos toliñas.
    Paula, Noa, María e Mariña- 1º ESO B

    ResponderEliminar
  28. Os meus veráns sen ti serían invernos, non te vaias nunca do meu ladiño, desexo verte. Quérote moito.
    Noelia e Nagore- 1ºESO B

    ResponderEliminar
  29. Polas mañás vexo saír o sol sobre a montaña e lémbrame que o mellor desta vida é verte a ti.
    Hugo Alvar-1ºESO B

    ResponderEliminar
  30. Á persoa que me fai rir ata coa máis pequeña parvada.
    Antía C 2ºESO A

    ResponderEliminar
  31. Quero a María, a conserxe, coma se fose una grande amiga da infancia.
    Marta 2ºESO A

    ResponderEliminar
  32. Grazas por tanto en tan pouco, Sila. das túas alumnas preferidas. querémoste. Feliz S.Valentín.
    Sara, Antía M.,Uxía e Paula. 2ºESO A

    ResponderEliminar
  33. Quero a miña cadela, Moriña, como me quixo ela a min cando a acollín.
    Marc Carnota. 2ºESO A

    ResponderEliminar
  34. Meu pequeño michiño, canto te quero!Encántanme eses olliños da cor do mar que tes.
    Carolina. 2ºESO A

    ResponderEliminar
  35. A familia e os amigos son o máis importante que teño na vida.Quérovos!!!
    Uxía Fornís. 2º ESO A

    ResponderEliminar
  36. Por esquecer cadaquén o seu papel nesta historia, por crer que nada é imposible cando nace herba nun tellado, pensar que seguir queréndonos é o correcto.

    SARA M. 4ºA ESO

    ResponderEliminar
  37. Ti, que enches de verde Galiza igual que o meu corazón de amor.
    Juan 3°A ESO

    ResponderEliminar
  38. Ti es a que fai que o sol brille de amor.
    Juan 3-A ESO

    ResponderEliminar
  39. Simba,meu can, es máis doce có mazapán. Simba, miña vida, levántasme de cada caída.
    Brais. 2ºESO A

    ResponderEliminar
  40. Quero adicarlles estas letras a todos os meus amigos, familiares e a xente que forma parte da miña vida.
    QUÉROVOS!!!
    Mateo Muñiz. 2ºESO A

    ResponderEliminar
  41. Es o meu peludiño pequerrechiño e divírtome moito cando xogo contigo. Es o mellor can do mundo.
    David F. 2º ESO A

    ResponderEliminar
  42. Para este San Valentín: chocolate, unha tarrina de xeado, unha mantiña, poñer unha película ñoña e se pode ser cunha amiga que tamén estea soa neste día tan especial para os namorados.
    Nerea 4°ESO

    ResponderEliminar
  43. Fermosos os montes,fermosos os ríos,fermosas as costas,fermosa o galego que na lingua me fai coxegas.

    ResponderEliminar
  44. Ninguén te quere como eu te quero, sempre querendo que te agarime, es perfecto, meu gato perfecto. Zlatan

    -Raquel Crespo Figueira 3ºB ESO

    ResponderEliminar
  45. Unha única palabra neste día especial, pódeche cambiar a vida para goza la aínda máis.♥
    Alejandro Carnota 3°ESO

    ResponderEliminar
  46. Plans para este 14 de febreiro..:
    Comprarei unha pizza, xeado e chamarei ás miñas amigas para gozalo con elas.

    Sheila Paz 4ºA ESO

    ResponderEliminar
  47. Ti que sempre me fas caso cando o resto me ignoran, axúdasme en todo o que podes e me cumpres todos os meus caprichos. Quérote avoa.

    ResponderEliminar
  48. O 14 de febreiro pasa o carteiro cheo de cartas de amor para alguns e para outros so facturas da lus
    Irene 3*A

    ResponderEliminar
  49. Míroche e remíroche, achégoome á ventá e non deixo de observar o fermosa que estás.

    Marta Rodríguez 3ºA

    ResponderEliminar
  50. Para este San Valentín, cea romántica e noite coa miña moza; despois despertarme véndoa ao meu lado. Ámoa, quero estar sempre con ela.

    Óscar-4 ESO

    ResponderEliminar
  51. Ningunha néboa,xiada ou onda serán capaces de tapar a nosa terra fermosa
    Nerea 3°A

    ResponderEliminar
  52. Familia, temos momentos bos, momentos malos, momentos de esquecemento, momentos de distancia, momentos de tristura, momentos de alegría... pero o amor sempre permanece.
    Xulia Boo Miguéns 3ºA

    ResponderEliminar
  53. Ninguén neste mundo me quererá máis que miña nai; por iso o seu amor é o que máis vale neste mundo.

    Saúl Caldas.

    ResponderEliminar
  54. Algo tan sinxelo e tan complexo á vez, algo que non se ve nin se toca: o amor. Sofres, ris, choras, bicas, fas mil e unha cousa por unha persoa que ti pensas que estará eternamente, pero en realidade, cando a eternidade se acaba, daste conta de que esa persoa foi o amor da túa vida, e pasades a ser un amor infinito. O amor e iso, eternidade.
    Verónica Penedo Sedofeito 4º

    ResponderEliminar
  55. Un día coma hoxe recordo os bos momentos ao teu lado,a felicidade que sinto cando estou contigo.
    Iria Agrelo 4°

    ResponderEliminar
  56. Alicia Núñez 3A15/2/17 18:26

    Para o meu paxaro verdoso.
    És o único que consegue espertarme todas as mañás. Cando estou triste, ti consegues animarme, ti es o meu ceo, un anxo que sempre me protexe.

    ResponderEliminar
  57. Promovamos o amor e deixemos a guerra no esquecemento pois neste mundo de ixustizas, o único que nos salva e iso, o AMOR <3

    ResponderEliminar
  58. A miña familia sempre está aí; cando estou triste sempre me fan sorrir.

    Pablo 3ºB

    ResponderEliminar
  59. A nosa terra, a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa gastronomía, a nosa retranca, o noso silencio, o noso mar, a nosa choiva, o noso verde, a nosa morriña; por todo isto, e máis, nos deixamos aloumiñar.

    Tania, 4º A

    ResponderEliminar
  60. Din que o amor morreu, que xa nn hai,outros cren que endexamais existiu. Pois menten!O amor haino, houbo e haberao.

    ResponderEliminar
  61. Avó, por compartir as túas historias en Suíza e esas preciosas cancións. Por tratarme como unha amiga, ademáis de unha neta

    ResponderEliminar
  62. Ai, meu monte galego, as túas árbores son únicas! E agora veñen os eucaliptos dominar os nosos montes, que vergonza! Ai, meu monte galego, estate tranquilo que non o lograrán.
    Adrián Santiago

    ResponderEliminar
  63. A túa presenza ilumina os meus días. Dende que chegaches, convertéchesme nunha mellor persona, enchendo o meu corazón de alegría e amor; Quérote.
    Leyre Arestiño Lorenzo 3°B

    ResponderEliminar
  64. Din que o amor morreu, que xa nn hai,outros cren que endexamais existiu. Pois menten!O amor haino, houbo e haberao.

    ResponderEliminar
  65. Estou namorado,
    Pero nun futuro non pensó estar casado,
    E un amor peculiar,
    Que con tempo tende a mellorar
    Rubén Lorenzo Rivadulla

    ResponderEliminar