
Achégase xa a terceira edición do noso Mercado tradicional, que se celebrará o venres 11, e xa se nota no ambiente do centro: cheira a xesta, fiuncho, calas, pampullos...; nos corredores amoréanse os froitos; óense coplas.... En fin, estase preparando unha boa! E todo baixo a mirada atenta da grande protagonista do maio deste ano, María Victoria Moreno, que desde os taboleiros do corredor central parece gozar deste proxecto lingüístico-cultural do CPI Cernadas de Castro.

Sem comentários:
Enviar um comentário